26/06/13

LIBRO VIAXEIRO

Despois da visita realizada ao museo do mar no colexio fixemos uns contos por ciclos. Estes están relacionados co mascaron en forma de serea que alí está exposto.
Aquí vos deixamos os correspondentes aos tres ciclos de Educación Primaria:

"Mascarón de proa" (1º Ciclo)



"Illa Santa Catalina" (2º Ciclo)



" O tesouro da illa de Santa Catalina" (3º Ciclo)

30/05/13

Concerto Didáctico


O martes 21 de maio visitounos ANTÓN CASTRO, que nos deu un concerto didáctico para @s alumn@s de 5º e 6º. Con el cantamos e descubrimos que as culleres, os vasos, as tazas... poden ser instrumentos musicais. Tamén nos mostrou como facían os músicos nas feiras antigamente e ensinounos un cantar de cego terrorífico!

25/05/13

Nós en galego... facemos de todo!

Actividade realizada polo alumnado de Infantil e Específica do CEIP Felipe de Castro para fomentar o uso da nosa lingua.

Todo Teatro con Salvador Forján


Os días 30 de abril, o 7 e 14 de maio contamos no colexio coa presenza de Salvador Forján, técnico do Centro Dramático Galego, para realizar a actividade "Todo teatro" na que ensinou ao alumnado de infantil e de 1º,2º e 3º de primaria tódolos segredos do teatro: como se fan e manipulan os monicreques, a importancia da luz, os micrófonos... Tamén nos falou sobre o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.
Moitísimas grazas a Salvador por ensinarnos o teatro "por dentro", polo seu esforzo, a súa pacencia e por ser tan divertido. Moitas grazas, Salvador

06/05/13

Letras Galegas 2013

                                            ROBERTO VIDAL BOLAÑO 
 Nado en Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1950 e falecido na mesma cidade o 11 de setembro de 2002, foi un autor, director e actor de teatro galego, pioneiro da dramaturxia profesional en Galicia. No ano 2013 adícaselle o Día das Letras Galegas.
Este é o cartaz que realizaron alumn@s de 6º de Primaria do noso centro.


Atoparedes máis información e recusos sobre Roberto Vidal Bolaño no apartado DÍA DAS LETRAS  GALEGAS deste blogue.

03/05/13

Letras Galegas 2012

                                            VALENTÍN PAZ ANDRADE
 Alumn@s de 6º de Primaria do CEIP Felipe de Castro de Noia elaboraron un cartaz sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012: Valentín Paz Andrade.


Atoparedes máis información e recusos no apartado DÍA DAS LETRAS GALEGAS deste blogue.