05/05/26
LETRAS GALEGAS 2026 - BEGOÑA CAAMAÑO
02/05/25
LETRAS GALEGAS 2025
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2025
- Actividade en formato Genially (EDUCACIÓN INFANTIL)
- Actividade en formato Genially (INFANTIL e PRIMARIA)
- Xogo dos dardos
- Xogo dos birlos
- Fichas para colorear
- VÍDEO da serie documental "Se canto é porque quero" producida pola RAG, Serie composta por tres capítulos que exploran o mundo das cantareiras e a poesía popular oral en Galicia.
- Recursos didácticos para educación infantil e primariaO equipo de docentes do Seminario comparte connosco os seus agardados materiais das Letras Galegas, este curso dedicados ás cantareiras e á poesía oral popular. Ademais dos recursos habituais (vídeos, unidades didácticas, exposición de carteis, biografías, textos, cuestionarios, dípticos, pictogramas... ) cómpre destacar os xogos interactivos genially adaptados a todos os niveis educativos de educación infantil e primaria.
05/05/24
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024
- Recursos didácticos para educación infantil e primariaO equipo de docentes do Seminario comparte connosco os seus agardados materiais das Letras Galegas, este curso dedicados á figura de Luísa Villalta Gómez. Ademais dos recursos habituais (unidades didácticas, exposición de carteis, biografías, textos, cuestionarios, dípticos, pictogramas... ) cómpre destacar os xogos interactivos genially adaptados a todos os niveis educativos de educación infantil e primaria.
29/04/23
LETRAS GALEGAS 2023
Vida e obra de Francisco Fernández del Riego
- Recursos didácticos para educación infantil e primariaO equipo de docentes do Seminario comparte connosco os seus agardados materiais das Letras Galegas, este curso dedicados á figura de Francisco Fernández del Riego. Ademais dos recursos habituais (unidades didácticas, exposición de carteis, biografías, textos, cuestionarios, dípticos, pictogramas... ) cómpre destacar os xogos interactivos genially adaptados a todos os niveis educativos de educación infantil e primaria.
Francisco Fernández del Riego, Letras Galegas 2023
FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
Francisco Fernández del Riego nace en Vilanova de Lourenzá (Lugo) o 7 de xaneiro de 1913. É o primeiro dos 11 fillos e fillas dunha familia de comerciantes.
Empeza os estudos na escola unitaria de Vilanova, prepara o bacharelato cos frades do mosteiro para examinarse por libre en Lugo (canda Cunqueiro) e despois ingresa no Colexio dos Escolapios, en Monforte de Lemos. Devorador de libros desde a infancia, xa entón empeza a publicar os primeiros escritos na revista escolar e no semanario Vallibria.
En 1930 marcha a Madrid e matricúlase en Dereito. Alí frecuenta bibliotecas, teatros e faladoiros, participa nas asembleas da Federación Universitaria Escolar (FUE) e abraza a causa do galeguismo. A lectura da Teoría do nacionalismo galego de Risco marcará a súa posición política. No verán de 1931, celebra en Lourenzá o Día de Galicia pronunciando un discurso e izando a bandeira galega no balcón do concello.
Ao ano seguinte, a familia trasládase a Compostela, onde el remata Dereito e inicia Filosofía e Letras. Nesa época defende a galeguización da Universidade, entra no Seminario de Estudos Galegos e colabora en Nós, A Nosa Terra e noutros xornais e revistas. Ingresa no Partido Galeguista e participa en mitins por toda Galicia, na constitución de Galeuzca e na campaña a prol do Estatuto de autonomía.
En 1934 empeza a dar clases na facultade de Dereito, mais co inicio da Guerra Civil inhabilítano para exercer. Tras un tempo agachado, incorpórase ao exército para salvar a vida.
Ao rematar a guerra, aséntase en Vigo, onde empeza a traballar no bufete de Valentín Paz-Andrade. Encárgase da revista Industrias Pesqueras e dá clases de forma extraoficial nos colexios Mezquita e Labor. En 1940, casa con Evelina Hervella.
En 1942, con Enrique Peinador e Gómez Román, tenta reorganizar o Partido Galeguista na clandestinidade, pero a detención de Ramón Piñeiro en 1946 supón un parón para as súas pretensións políticas e céntrase en actividades culturais. O réxime franquista fai que vaia preso en dúas ocasións, en 1947 e en 1954.
En 1949 publica Cos ollos do noso esprito na capital arxentina, comeza a exercer como correspondente do Centro Galego de Buenos Aires, coordina a maioría dos programas semanais en galego da BBC de Londres e colabora co xornal La Noche. Con Illa Couto pon en marcha o seu suplemento cultural, prohibido pouco despois pola censura.
En 1950 participa de forma decisiva na fundación de Galaxia e faise imprescindible desde aquela no funcionamento da editorial, comprometida coa restauración cultural da posguerra.
En 1960, ingresa na Real Academia Galega; el será un dos promotores da instauración do Día das Letras Galegas —que se empeza a celebrar en 1963—. Ese mesmo ano comeza a dirixir, con Ramón Piñeiro, a revista Grial; desempeña tamén un papel fundamental na creación da Biblioteca Penzol, que recolle o legado do sobranceiro galeguista que lle dá nome, e participa na fundación na clandestinidade do Partido Socialista Galego.
Non hai unha iniciativa cultural da época en que non apareza o seu nome. Aínda así, dálle tempo a escribir: desde os anos trinta publica ensaios de temas culturais, manuais de historia da literatura galega, escolmas de poesía galega, antoloxías da literatura universal, un dicionario de escritores en lingua galega, un vocabulario castelán-galego, libros de viaxes e de memorias, epistolarios, varios relatos curtos e unha novela, alén de constantes colaboracións na prensa.
En 1997 é nomeado presidente da Real Academia Galega, cargo que desenvolverá ata 2001, e nese período consegue que se abra aos investigadores e se achegue á sociedade.
Dóalle á cidade de Vigo a súa biblioteca e a súa colección artística, custodiada desde entón na Casa Galega da Cultura, a sede da Fundación Penzol, da que é director e onde traballa acotío na última etapa da súa vida.
Na Cidade Olívica fina en 2010, con 97 anos de idade. En 2022, a Real Academia Galega acorda dedicarlle o Día das Letras Galegas 2023, un máis dos merecidos recoñecementos para alguén que traballou incansablemente polo noso país.
23/04/22
Florencio Delgado Gurriarán, Letras Galegas 2022
Florencio Delgado Gurriarán nace en Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903, no seo dunha familia acomodada. Sexto dos fillos do matrimonio, foi poeta, editor, corrector e tradutor, escribiu artigos de prensa e traballos de léxico. Foi tamén un extraordinario activista político e cultural, un dos principais intermediarios entre a Galicia exiliada en México e a Galicia interior e ponte de unión coa intelectualidade doutras orixes. (seguir lendo)
25/04/21
XELA ARIAS CASTAÑO - LETRAS GALEGAS 2021
BREVE BIOGRAFÍA
Xela Arias Castaño veu ao mundo no ano 1962 en Lugo, embora pasase a maior parte da súa vida en Vigo, cidade en que realizou os estudos de Filoloxía Hispánica e onde morreu o 2 de novembro de 2003.
Vinculada a Xerais desde o nacemento da editorial en 1979, estreouse no mundo literario con Denuncia do equilibrio (1986), poemario innovador co que foi finalista do Premio Losada Diéguez.
En 1990 publicou, en colaboración co seu marido e fotógrafo Xulio Gil, Tigres coma cabalos, obra de grande repercusión en que se mesturan poemas e espidos da autora. O libro trasmítenos unha mensaxe a prol da sinceridade e da procura dos sentimentos máis básicos. En Darío a diario (1996) a poeta ofrece unha reflexión sobre a súa propia experiencia maternal. O seu derradeiro poemario, Intempériome, foi editado o mesmo ano da súa desaparición por Miguel Anxo Fernán Vello.
A súa obra poética tamén se deu a coñecer en libros colectivos como Palabra de muller (1992) ou Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas.
Alén da súa tarefa poética, Xela Arias dedicouse á tradución para a nosa lingua de diversos autores como Joyce, Fehnimore Cooper e Fernández Flórez. Escribiu varios relatos, algúns deles incluídos na obra Contos eróticos/elas (1990).
Foi finalista do Premio Esquío de Poesía (1986) con Lili sen pistolas, obra que aínda permanece inédita.
02/05/19
29/04/18
LETRAS GALEGAS 2018
01/05/17
LETRAS GALEGAS 2017
18/06/14
O cartaz dos alumnos de 6º con motivo das Letras Galegas
13/05/14
LETRAS GALEGAS 2014
Xosé María Díaz Castro
30/05/13
Concerto Didáctico
O martes 21 de maio visitounos ANTÓN CASTRO, que nos deu un concerto didáctico para @s alumn@s de 5º e 6º. Con el cantamos e descubrimos que as culleres, os vasos, as tazas... poden ser instrumentos musicais. Tamén nos mostrou como facían os músicos nas feiras antigamente e ensinounos un cantar de cego terrorífico!
25/05/13
Nós en galego... facemos de todo!
Todo Teatro con Salvador Forján
06/05/13
Letras Galegas 2013
Este é o cartaz que realizaron alumn@s de 6º de Primaria do noso centro.
Atoparedes máis información e recusos sobre Roberto Vidal Bolaño no apartado DÍA DAS LETRAS GALEGAS deste blogue.
03/05/13
Letras Galegas 2012
Atoparedes máis información e recusos no apartado DÍA DAS LETRAS GALEGAS deste blogue.










